XEDOC facilita a visualización de informes de incapacidade temporal (IT) dende a ferramenta E-Saúde

XEDOC, a plataforma de custodia electrónica de documentos e interoperabilidade clínica desenvolta por Queres Tecnologías en colaboración co Servizo Galego de Saúde, facilita a visualización de informes de incapacidade temporal (IT) dende a ferramenta E-Saúde (portal do Cidadán do Servizo Galego Saúde).

XEDOC, a ferramenta de interoperabilidade clínica creada por QUERES, permite ós cidadáns galegos acceder a documentos da súa historia clínica dende o portal E-Saúde do Servizo Galego de Saúde de Saúde.

Agora é posible consultar un informe resumo dos procesos de incapacidade temporal (IT) e, en breve, estarán dispoñibles os partes de baixa xerados ó paciente. Os servizos de interoperabilidade clínica de XEDOC permiten a E-Saúde recuperar estes informes / documentos e poñelos a disposición do público dun xeito seguro, ó mesmo tempo que o médico os xera dende a súa consulta.

No Servizo Galego de Saúde, XEDOC actúa como canle para as comunicacións con todas as fontes de documentación da organización. En concreto, grazas ao módulo XEDOC_INTC que implementa os estándares de interoperabilidade clínica HL7 e XDS.

O informe resumo de procesos de IT e os partes de baixa por IT están / estarán dispoñible no menú «A miña historia de saúde laboral do SERGAS» no portal https://esaude.sergas.es.